RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

O Alhama CF, no horizonte dun Dépor ABANCA que celebra o regreso de Paula Novo

O Alhama CF, equipo revelación esta temporada en Primera Federación Iberdrola, aparece no horizonte dun Dépor ABANCA que celebra o regreso de Paula Novo aos adestramentos.

A internacional branquiazul entrou na recta final da recuperación da súa lesión de xeonllo e empezou a facer tarefas co resto das súas compañeiras, á espera de recibir a alta médica a cargo dos Servizos Médicos do RC Deportivo.

Aproveitando que a visita ao conxunto murciano, prevista para o domingo 26 de novembro ás 16:30, xogarase en céspede sintético, superficie do Complexo Deportivo Guadalentín, e de que o campo 5 de Abegondo está pechado estes días para realizar tarefas de mantemento, As Nosas montaron a súa base de operacións no Monte, tamén de herba artificial, salvo a sesión do sábado, que será nun dos campos da Cidade Deportiva.

Os resultados da última xornada deixaron ao Dépor ABANCA con 22 puntos á fronte da táboa, igualado a puntos co RCD Espanyol. O Alhama CF, recentemente ascendido de Segunda Federación FutFem, marcha na 3ª praza con 19 puntos.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 21 de novembro
10:30 h., O Monte

Mércores 22 de novembro
9:15 h., O Monte

Xoves 23 de novembro
9:30 h., O Monte

Venres 24 de noviemre
9:15 h., O Monte

Sábado 25 de novembro
9:00 h., Abegondo

Domingo 26 de novembro
16:30: Alhama CF - Deportivo ABANCA, no Complexo Deportivo Guadalentín (Alhama)