O Deportivo incorpora ao porteiro Carlos Abad para o curso 2020-2021
Carlos Javier Abad-Hernández Trujillo (Puerto de la Cruz, Tenerife, 28 de xuño de 1995) converteuse en nova fichaxe do Deportivo até 2022.
O porteiro tinerfeño xogou a temporada pasada a Super League grega co AO Xanthi, onde se atopaba cedido polo CD Tenerife, club ao que estivo vinculado desde 2009, en idade infantil, até hoxe.
Despois de xogar 9 partidos en Segunda División co cadro chicharreIro con tan só 19 anos, Carlos Abad foi cedido ao Real Madrid Castilla durante dúas campañas. Co filial madridista acumulou 67 partidos en Segunda División B, nos que encaixou 73 goles.
Após participar en só 4 partidos no seu curso de regreso á illa, o 2017-2018, Carlos Abad foi cedido de novo, esta vez ao Córdoba CF, co que disputou 28 partidos en Segunda División no exercicio 2018-2019. A campaña pasada completou unha nova cesión, esta vez na elite do fútbol grego cun AO Xanthi co que foi titular en 28 dos 33 encontros de Liga, nos que recibiu 31 tantos.