O Deportivo rescinde o contrato de Fernando Vázquez
O Consello de Administración do Real Club Deportivo comunicou hai uns minutos ao seu técnico, Fernando Vázquez, que non continuará dirixindo ao equipo, rescindindo deste xeito o contrato que vincula a ambas as partes. Xunto ao adestrador de Castrofeito tampouco continuará no Club o seu corpo técnico.
O Consello de Administración quere agradecer sinceramente a Fernando e o seu equipo o duro traballo desenvolvido nesta segunda etapa á fronte do Deportivo após aceptar o reto maiúsculo hai un ano de tratar de salvar a situación deportiva na que se atopaba a institución e facelo antepondo en todo momento a ilusión, a motivación e a unión de todo o deportivismo fronte ás dificultades que se foron sucedendo.