RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo activa o Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF), unha área interdisciplinar na procura da eficiencia competitiva dirixida por Alejandro Mejuto

O RC Deportivo, decidido a potenciar e desenvolver o talento dos seus profesionais e polos a disposición de Os Nosos e As Nosas de cara á competición, activa o Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF). Desta forma, o Club segue dando pasos para impulsar o seu proxecto, dotando de solvencia e profesionalidade á súa estrutura.

O doutor Alejandro Mejuto García (A Coruña, 8 de marzo de 1984) será o responsable do SARF. Graduado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, é Máster en Traumatología do Deporte na UCAM, Máster en Medicina do Fútbol da FSI (Football Science Institute), Máster en Medicina de Urxencias e Emerxencias da SEMES (Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias) e actual Xefe do Servizo de Urxencias do Hospital Quirónsalud A Coruña. 

Do Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista dependen os Servizos Médicos do Fútbol masculino, dirixidos polo doutor Ramón Barral; e os do Fútbol Feminino, baixo a responsabilidade do doutor Carlos Lariño.

O SARF é un departamento interdisciplinar no que ademais estarán integrados a área de Nutrición, baixo a coordinación de Alejandro Santiso; Fisioterapia; Podoloxía; Preparación e Readaptación Física supervisada por Ignacio González Zas; e a de Psicoloxía e Desenvolvemento Persoal, co psicólogo Jacobo Ceide á fronte.