RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B abre este venres en Abegondo ante o Arosa SC B unha nova fin de semana de competición para ANOSACANTEIRA

O partido do Xuvenil B en Abegondo ante o Arosa SC B, correspondente á 26ª xornada na Liga Nacional, abre este venres 28 de marzo ás 18:30 unha nova fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis están a 5 puntos do liderado aínda que cun partido menos xogado.

Xa o sábado 29 de marzo destaca o partido do Fabril o sábado 29 ás 17:00 en O Vao ante o Coruxo FC.

Os fabrilistas marchan na 5ª posición con 44 puntos, a 1 punto do Real Avilés Industrial e dun Real Ávila CF cun partido menos xogado.

Tamén o sábado xogan lonxe de Abegondo o Cadete en Coles ante o UD Ourense (12:30) e o Infantil na Madroa ante o RC Celta con medio título da División de Honra en xogo posto que ambos os equipos colideran a categoría con 61 puntos.

Así mesmo, o Alevín A visita ao Betanzos CF (12:00) na 2ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 e o Fabril FC Benxamín ao Sada CF (13:00) no partido de ida da eliminatoria previa de acceso á Fase Intermedia do campionato galego que foi suspendido a pasada fin de semana polo temporal.

Xa o domingo 30 de marzo sobresae o partido do Xuvenil A, novo líder da División de Honra, en Oviedo ante o CD Covadonga (12:30).

Os deportivistas avantaxan en 2 puntos ao RC Celta, 2º clasificado, na táboa.

Ademais, o San Tirso SD Cadete mídese no campo vigués Baltasar Pujales (12:00) ao Rápido de Bouzas, o Alevín en Elviña pequeno ao Ural Español CF (12:30) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 e o Fabril FC Alevín no Municipal Rodríguez Ans ao UD Carral (12:00) na 2ª xornada do Torneo Delegación de fútbol 8.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
29ª xornada: CORUXO FC - FABRIL, o sábado 29 de marzo ás 17:00 no Vao
Clasificación: ... 3. Real Avilés Industrial e Real Ávila CF (un partido menos), 45 puntos; 5. Fabril, 44 puntos; 6. Bergantiños CF, 42 puntos; 7. UP Langreo, 41 puntos... 12. Coruxo FC, 33 puntos...

Categoría xuvenil
26ª xornada: CD COVADONGA - XUVENIL A, o domingo 30 de marzo ás 12:30 no campo Juan Antonio Álvarez Rabanal (Oviedo)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 63 puntos; 2. RC Celta, 61 puntos; 3. Sporting de Gijón, 51 puntos... 11. CD Covadonga, 26 puntos...

26ª xornada: XUVENIL B - AROSA SC B, este venres 28 de marzo ás 18:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 64 puntos; 2. Xuvenil B (un partido menos), 59 puntos; 3. Coruxo FC, Pabellón Ourense CF e Racing de Ferrol, 49 puntos... 15. Arosa SC B, 19 puntos...

Categoría cadete
25ª xornada: UD OURENSE - CADETE, o sábado 29 de marzo ás 12:30 en Albán (Coles, Ourense)
25ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 30 de marzo ás 12:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 72 puntos; 2. Cadete, 67 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 48 puntos... 4. Arosa SC e SD Compostela, 43 puntos; 6. Pabellón Ourense CF e San Tirso SD Cadete, 41 puntos; 8. UD Santa Mariña, Ural Español CF e CD Areosa, 35 puntos... 16. Rápido de Bouzas, 13 puntos... 18. UD Ourense, 12 puntos

Categoría infantil
23ª xornada: RC CELTA - INFANTIL, o sábado 29 de marzo ás 12:30 na Madroa (campo 2)
23ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - AROUSA SC, o sábado 29 de marzo ás 12:30 no Monte
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Infantil, 61 puntos; 3. Pabellón Ourense CF e Racing de Ferrol, 48 puntos; 5. ED Val Miñor Nigrán, 44 puntos; 6. CD Lugo e San Tirso SD Infantil, 33 puntos; 8. Atlético Coruña Montañeros CF e AJ Lérez, 29 puntos... 12. Arosa SC, 23 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN, o domingo 30 de marzo ás 12:30 en Elviña Pequeno
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. CD Calasanz, 12 puntos; 2. Alevín e CD Lugo, 10 puntos; 4. Ural Español CF, 9 puntos; 5. Racing de Ferrol e Atlético Coruña Montañeros CF, 7 puntos...

Loita polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, grupo A, 2ª xornada: BETANZOS CF - ALEVÍN A, o sábado 29 de marzo ás 12:00 no Carregal (Betanzos)

Torneo Delegación de fútbol 8, grupo A, 2ª xornada: UD CARRAL - FABRIL FC ALEVÍN, o domingo 30 de marzo ás 12:00 no Municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)

Categoría benxamín
Amigable: SADA CF (alevín) - BENXAMÍN A, o sábado 29 de marzo ás 14:00 no campo das Mariñas

Eliminatoria de acceso á Fase Intermedia do campionato galego, ida: SADA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 29 de marzo ás 13:00 no campo das Mariñas