RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e unha de acompañante para o Dépor ABANCA - Atlético do domingo 16 de febreiro en ABANCA-RIAZOR

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria e a maiores unha entrada de acompañante unicamente en bancada.rcdeportivo.es para o Dépor ABANCA - Atlético do Madrid do domingo 16 de febreiro ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 19ª xornada da Liga F.

En primeiro momento estarán dispoñibles entradas de Tribuna Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.

Os abonados e abonadas teñen prioridade até o domingo 9 de febreiro ás 23:59. 

A partir do luns 10 ás 00:01 saen á venda as entradas de público en bancada.rcdeportivo.es ao prezo único de 10 euros.

Os abonados e abonadas que non adquirisen o suplemento do Dépor ABANCA (15 euros) poderán acudir á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para realizalo.

As persoas que non sexan abonadas ao RC Deportivo poden darse de alta na OAD como socio/a amigo/a ao prezo de 50 euros e abonar o citado suplemento de 15 euros que lles permitirá asistir a todos os partidos en casa do Dépor ABANCA.

O horario da OAD é de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas.