O RC Deportivo e Paris Adot separan hoxe os seus camiños. Desta forma, o defensor navarro deixa de ser xogador deportivista.
O Club quere agradecer a Paris Adot o seu compromiso, esforzo, traballo e dedicación durante esta temporada que agora conclúe, á vez que lle desexa moita sorte na súa nova etapa profesional.