RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Sergio Pellicer, novo adestrador do Fabril

Sergio Pellicer García (Nules, Castellón 9 de setembro de 1973) é, desde esta tarde, novo adestrador do RC Deportivo Fabril. O adestrador castellonenco procede do Málaga CF, onde formou parte do corpo técnico do primeiro equipo as dúas últimas temporadas. Antes tamén exercera como adestrador no fútbol formativo da Valencia CF, Elche, San Félix e o propio Málaga (co que se proclamou campión da Copa de Campións de Xuvenís) así como técnico axudante no Campello, Alicante e Logroñés.

Como futbolista defendeu as camisetas de Valencia B, Hércules, Málaga, Cádiz, Jaén, Gramanet, Onda, Alcalá e Vilajoyosa, antes de colgar as botas no Eldense.

Xunto a Sergio Pellicer incorpórase ao corpo técnico do Fabril Gabriel Eiras, até hoxe preparador físico do Laracha CF, filial do Fabril. Pellicer, que viaxou está mañá até A Coruña para pechar a súa incorporación, será presentado mañá ás 10:00 na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo, xusto antes de dirixir a súa primeira sesión de traballo.

Completan o corpo técnico do filial Manuel Pablo García (segundo adestrador) e Alberto Casal (adestrador de porteiros).