Trilli amplía a súa vinculación co Deportivo até 2024
O xogador xuvenil do RC Deportivo Álvaro Pérez Campo "Trilli" (Ortigueira, 19 de maio de 2003) asinou esta tarde na sede do Club na praza de Pontevedra un novo contrato profesional que amplía a súa vinculación até 2024.
O campión de España xuvenil, que a temporada pasada xa defendeu tamén a camiseta do Fabril, adéstrase e está a xogar esta pretemporada co primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez.