RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Uche Agbo asina por catro temporadas co Dépor

Uche Henry Agbo (Kano City, Nixeria, 4 de decembro de 1995) continuará nas filas do Real Club Deportivo. O centrocampista nixeriano, que xogou no Dépor a segunda metade da pasada temporada cedido polo Standard de Lieja, asinou contrato para as próximas catro temporadas.

Após os seus inicios en clubs do seu país (FC Taraba, Juth FC e Enyimba Aba) deu o salto ao fútbol europeo a través do Udinese, que o cedeu durante dúas temporadas ao Granada CF, co que sobre todo xogou no seu filial. Despois de pasar ás filas do Watford FC inglés foi cedido de novo ao conxunto andaluz, co que xa foi asiduo en Primeira División aquela temporada, a 2016-2017, na que disputou 31 encontros.

No verán de 2017 foi traspasado ao Standard de Lieja. En Bélxica completou unha temporada e media antes de ser cedido ao Rayo Vallecano (segunda metade do curso 2018-2019), Sporting Braga (primeira metade do 2019-2020) e Deportivo (segunda metade do 2019-2020).

Uche Agbo foi unha vez internacional absoluto con Nixeria, nun amigable ante Togo en 2017. Tamén defendeu a camiseta do seu país en categorías inferiores, chegando a formar parte da selección que disputou o Mundial sub-20 de Turquía en 2013.

O mediocentro nixeriano acumula unha ampla experiencia no fútbol español, onde suma 115 partidos: 44 en Primeira División, 9 en Segunda, 57 en Segunda B e 5 na Copa do Rei.