As Nosas selan o seu segundo empate consecutivo (0-0) ante a UD Tenerife após unha "moi boa primeira parte".
Fran Alonso sente moito orgullo do equipo e a pesar de que "non puidemos dar unha alegría á afección" considera que é un punto "moi meritorio". "O equipo fixo unha moi boa primeira parte e tivo todo o control do partido", engadiu na súa comparecencia após o partido.
Baixo unha intensa choiva que amainó antes do comezo do encontro, deu comezo a xornada 23 para o equipo coruñés en ABANCA-RIAZOR.
No primeiro minuto de encontro, as coruñesas xa xeraron un saque de esquina que repeleu a zaga visitante pouco despois. Pasado o minuto 5, Ainhoa probou a súa destra desde fóra da área cun disparo cómodo para as mans de Noelia.
No 9, Millene cabeceou na área pequena un centro proveniente de banda dereita que se marchou alto. Pouco despois, Bárbara logrou ingresar na área, pero o seu disparo marchouse moi desviado.
Pasada a media hora de contenda, Olaya tentouno desde moi lonxe de falta directa, pero o golpeo atopouse coa barreira. No 38, Millene buscou sorprender a Noelia desde o pico da área e o potente disparo non atopou portería por pouco. A propia Millene anotouse a última da primeira parte para o Dépor ABANCA cun man a man moi escorado na área, que acabou en córner.
Xa case en tempo de desconto, a UD Tenerife pertrechó unha contra que soubo deter a tempo Inês para salvar as táboas no luminoso ao descanso.
Á volta de vestiarios, a tónica da primeira metade mantívose, as de Fran Alonso apropiáronse da posesión e o cadro canario esperaba a súa oportunidade para sorprender ao contragolpe.
No 62, Bárbara desfíxose do seu par para deixarlle un bo balón a Millene na frontal, e a brasileira logrou sacar un disparo sinxelo para as mans de Noelia. Dous minutos despois, Bárbara volveu completar unha gran acción en tres cuartos de cancha e esta vez ela mesma acabou a xogada, tamén ás luvas da porteira visitante.
Após o ingreso das primeiras substitucións no verde, as tinerfeñas deron un paso máis e achegábanse á área de Inês con perigo. No 70, un centro envelenado provocou un fallo no despexe de Marina, que detivo Inês e no 78, Vera interceptou no último momento un golpeo con moita intención na área.
As Nosas meteron unha marcha máis nos compases finais, pero non foi suficiente para mover o marcador.
Dépor ABANCA: Inês, Samara (Paula Novo, min. 75), Vera, Marina, Paula G., Millene (ADT, min. 75), Ainhoa, Olaya, Raquel, Bárbara (Bennett, min. 89), Lucía ( Eva Dios, min. 67).
Costa Adeje Tenerife: Noelia Ramos, Cinta, Babajide, Aleksandra, S. Castelló, N. Ramos, Bicho, Estella, Patri Gavira, Pisco, Silano.
Árbitra: Alicia Espinosa Ríos, do comité madrileño, non amoestou a ningunha xogadora.
Goles (0-0)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 23 da liga F, disputado en ABANCA-RIAZOR, ante 609 asistentes.