RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL FC

Un Fabril FC Benxamín solvente supera ao Sporting Cambre no partido suspendido polo temporal

Un Fabril FC Benxamín solvente superou (8-2) ao Sporting Cambre en partido correspondente á 3ª xornada no subgrupo 2º de Primera A Coruña de fútbol 8 que foi suspendido o pasado 4 de novembro polo temporal.

Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo foron os goleadores fabrilistas.

Con este resultado, o conxunto que dirixe Alberto Bonigno suma 18 puntos á fronte do subgrupo por 12 dos seus inmediatos perseguidores: Santa Cruz CF e ED Luis Calvo Sanz, este con un partido menos.

Fabril FC Benxamín: Gael Fernández, David Santiago, Pablo Couso, Leo Galván, Nico Castro, César Leira, Joel Losada e Leo Barro. Tamén xogaron: Samuel Cebey, Martín Coronel e Martín Martelo.

Este sábado 2 de decembro ás 12:00 nas Eiroas (Carballo), o Fabril FC Benxamín visita ao ED Luis Calvo Sanz.

Os resultados do Fabril FC Benxamín en liga son os seguintes:

Fabril FC Benxamín 7 (Joel Losada -3-, Martín Coronel, Nico Castro, Martín Martelo e Leo Galván) - Sada CF 0
San Tirso SD 0 - Fabril FC Benxamín 2 (Joel Losada e Martín Coronel)
Fabril FC Benxamín 8 (Leo Galván -2-, Nico Castro -2-, Joel Losada -2-, Martín Coronel e Martín Martelo) - Sporting Cambre 2
Santa Cruz CF 1 - Fabril FC Benxamín 2 (Nico Castro -2-)
Fabril FC Benxamín 6 (Martín Martelo -2-, Leo Galván -2-, Martín Coronel e Nico Castro) - Betanzos CF 2
Olímpico CF 0 - Fabril FC Benxamín 7 (Leo Galván -3-, Martín Coronel -2-, Nico Castro e David Santiago)