O Dépor incorpora neste mercado de inverno a Zakaria Eddahchouri (11 de maio de 2000, Papendrecht, Países Baixos). Firma até xuño de 2028.
Con dobre nacionalidade holandesa e marroquí, Zakaria Eddahchouri, de case 1,90 de estatura, chega procedente do Telstar, da Segunda División de Países Baixos.
No que vai de temporada, suma 17 goles e 2 asistencias, en 23 encontros.
O seu último partido foi o pasado 25 de xaneiro ante o filial do Ajax, ao que derrotou por 3-0 con 2 goles seus.
A temporada 2023-24, tamén defendendo as cores do Telstar, participou en 27 partidos con 14 goles e 1 asistencia.
Así pois, en temporada e media, Zakaria Eddahchouri disputou 53 partidos, con 31 goles e 3 asistencias.
Anteriormente, militou no Koninklijke HFC Haarlem tamén da Segunda División, cun total de 31 partidos, 16 goles e 2 asistencias; e no Go Ahead Eagles Deventer, con 30 encontros disputados, 1 gol e 2 asistencias.