A rolda de prensa da renovación de Diego Gómez, en directo en YouTube
A canle oficial de YouTube do RC Deportivo ofrecerá este xoves 27 de febreiro en directo a partir das 13:30 a rolda de prensa da renovación de Diego Gómez até xuño de 2030.
O acto terá lugar na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR unha vez finalizado o pousado para os medios gráficos no mesmo céspede do estadio.
O centrocampista ourensán estará acompañado polo Director de Fútbol, Fernando Soriano.