RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Fin de semana de descanso para As Nosas para vir con máis enerxía que nunca

O Dépor ABANCA inicia hoxe venres a última fin de semana de descanso, coincidindo co parón ligueiro debido aos compromisos das seleccións nacionais, antes da recta final en Primera Federación Iberdrola.

Despois dunha serie de adestramentos desde o pasado martes no campo 5 de Abegondo con moita carga de traballo, Irene Ferreras concedeu libre aos seus futbolistas mañá sábado, o domingo e o luns 8. Así pois, As Nosas regresarán a Abegondo o vindeiro martes con ximnasio ás 9:00 antes de saltar ao céspede ás 10:00.

Onte en rolda de prensa, a gardameta Yohana Gómez está convencida que "este parón nos vai a vir ben. Vimos de 2 empates e á xente vaille a vir moi ben para refrescar a cabeza, estar coa familia e vir con máis enerxía que nunca".

Fixados os horarios até o final de liga, os 2 últimos partidos en horario unificado

A RFEF fixou os horarios do Dépor ABANCA até final de liga, que serán en horario unificado as dúas últimas xornadas para os partidos "cuxos resultados puidesen afectar á determinación do campión, a participación na fase de ascenso ou o seu posto definitivo entre os participantes do mesmo, ou o descenso a Segunda Federación".

Así pois, As Nosas xa saben a súa folla de ruta en Primera Federación Iberdrola, que será a seguinte:

Xornada 24: Athletic Club B - Deportivo ABANCA, sábado 13 de abril, 18:45 en Lezama (campo 8)

Xornada 25: Deportivo ABANCA - CP Cacereño Femenino, domingo 21 de abril, 12:00 (Youtube RC Deportivo)

Xornada 26: CD Alba Fundación Femenino - Deportivo ABANCA, sábado 27 de abril, 19:30 na Cidade Deportiva Andrés Iniesta