Jose Ángel e Mario Soriano pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o Cádiz CF.
O mediocentro andaluz admite que "estabamos a desexar volver sumar de 3 en ABANCA-RIAZOR que este ano é a nosa materia pendente e tamén enlazar 2 partidos consecutivos con vitoria. Estou moi contento coa actuación do equipo".
Opina que o encontro "foi moi complicado ante un rival que á parte de moitísima calidade é moi incómodo. Non estivemos moi cómodos no campo pero ao final gañamos que é o máis importante".
Cre que "nos primeiros 15, 20 minutos atopáronnos moitos espazos, non estivemos moi cómodos no campo, defensivamente estabamos a sufrir, estabamos moi longos. No descanso falamos dun par de detalles que tiñamos que mellorar e así o fixemos. No segundo tempo saímos mellor pero o partido foi moi disputado, o Cádiz CF é un grandísimo equipo e co míster que teñen é moi complicado sentirse cómodos con balón. Ao final o equipo seguiu mantendo que podiamos gañar, seguiu crendo e veu a vitoria".
Pola súa banda, Mario Soriano mostrouse moi contento "polo partido do equipo, por como se ve ao equipo nos partidos, con esa confianza. A seguir e a por o CD Mirandés".
Viu un encontro esta noite en ABANCA-RIAZOR "moi igualado. O Cádiz CF tivo bos momentos. Logo nós tamén tivemos minutos bos. É verdade que tivemos ocasiones pero non foron moi claras".
Finalmente Mario Soriano móstrase cauto con respecto ao obxectivo do Dépor nesta recta final de liga: "O primeiro que queremos é conseguir os 50, 52 puntos canto antes e a partir de aí ver as opcións que teñamos".