Longa fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA, que regresa o martes 8 de abril á Cidade Deportiva
Cunha última sesión esta mañá en Abegondo o Dépor ABANCA puxo o punto e final a unha semana sen competición.
Durante estes últimos días Fran Alonso non puido contar coas internacionais, caso de Ainhoa Marín, Inês Pereira, Patrícia Hmírová, Francisca Lara e Michi Apóstol.
O técnico deportivista citou ás canteirás Vázquez, Emma Gandoy, Laura Otero, Lucía Mariño, Yanis Citoula, Laura Ruiz, Marta Rico e Antía Veiga; ademais do habituais do filial que están en dinámica do primeiro equipo: Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Paula Novo e Elena Vázquez.
Este sábado 5, domingo 6 e luns 7 haberá descanso. As Nosas volven aos adestramentos o martes 8 de abril ás 10:40 en Abegondo.
A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA será o sábado 12 de abril ás 16:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR ante o FC Levante Badalona.