Michi Apóstol únese á selección venezolana para dous amigables ante Panamá
Floriangel Mitchell Apóstol Argüelles (Lara, Venezuela, 7 de setembro de 2005), 'Michi' Apóstol, uniuse á concentración da selección venezolana no Centro de Alto Rendemento de Margarita para disputar dous partidos amigables ante Panamá o sábado 5 e o martes 8 de abril.
Estes encontros serán preparatorios para a Copa América deste ano 2025.
Michi Apóstol, que renovou recentemente o seu contrato até xuño de 2027, adéstrase diariamente co Dépor ABANCA aínda que compite cada fin de semana co filial, líder da Tercera Federación. Esta temporada suma no Dépor ABANCA B 18 partidos xogados, 17 de titular, con 15 goles.
O calendario de partidos amigables de Venezuela é o seguinte:
Sábado 5 de abril 16:00 (22:00 hora galega): VENEZUELA - PANAMÁ no Centro de Alto Rendemento de Margarita
Martes 8 de abril Horario por confirmar: VENEZUELA - PANAMÁ, no Centro de Alto Rendemento de Margarita
Finalizado este choque, Michi Apóstol emprende viaxe de regreso á Coruña.