O canteirán Jardel, novidade na lista de convocados do Deportivo
O Deportivo afronta o partido de mañá venres 20 de xaneiro ante a UD Las Palmas no Estadio de Gran Canaria (20:45, Gol TV) con 19 futbolistas. A gran novidade é a presenza de dous fabrilistas, Óscar e o dianteiro Jardel.
Quedan na Coruña os 'tocados' Carles Gil e Bruno Gama; os recentemente incorporados Ola John e Gaël Kakuta; o meta Rubén; ademais de Fayçal Fajr, concentrado con Marrocos.
Esta mañá, baixo un intenso frío, a sesión foi táctica a porta pechada, con exercicio de movementos defensivos e ofensivos, traballo de saída de balón, remates e, para acabar, ensaio de accións de estratexia.
Exercitáronse hoxe con Gaizka Garitano os fabrilistas Óscar, Quique Fornos, Lucas e Jardel. Carles Gil, Bruno Gama e Kakuta tiveron un adestramento de readaptación, ás ordes do readaptador Fran Molano.
Tras o partido, todo o plantel adestrarase de novo en Abegondo o sábado 21 de xaneiro ás 13:30 horas, nada máis regresar das Palmas.
Os 19 futbolistas convocados viaxan esta tarde ás Illas Canarias, segundo esta folla de ruta:
Xoves 19 de xaneiro 17:30: Saída do voo chárter do Aeroporto da Coruña con destino Las Palmas 19:15 (hora local): Chegada aproximada a Las Palmas e aloxamento no Hotel Santa Catalina
Venres 20 de xaneiro 20:45: UD Las Palmas - Deportivo, no Estadio de Gran Canaria
Sábado 21 de xaneiro 9:00 (hora local): Saída do voo chárter de Las Palmas con destino ao Aeroporto da Coruña 12:30: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña 13:30: Adestramento en Abegondo