O Dépor homenaxea a Villares e márcase desde hoxe "facer unha boa semana para ir a Elda a competir nas mellores garantías"
Óscar Gilsanz trazaba onte na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR, finalizado o encontro ante a UD Almería, a folla de ruta do Dépor desde hoxe luns.
O técnico deportivista centra ao seu cadro desde esta mañá en "facer unha boa semana para ir a Elda a competir nas mellores garantías de ter un bo resultado, de gañar, de sumar 3 puntos", en referencia ao encontro deste domingo 16 de marzo ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Eldense no Estadio Pepico Amat.
Mario Soriano, onte na zona mixta de ABANCA-RIAZOR, pediu "seguir así, todos unidos, ANOSAFORZA co equipo; seguir cara a adiante; gañar ao CD Eldense e pensar cara arriba".
A chuviosa mañá en Abegondo arrincou cunha cariñosa homenaxe do primeiro cadro no campo principal ao seu capitán, Diego Villares, que acaba de cumprir 150 partidos co Dépor.
Como é habitual nas sesións pospartido, os titulares ante a UD Almería tiveron unha xornada de recuperación.
Así, após a activación co grupo, retiráronse ao ximnasio e á sala de fisioterapia.
Para os demais, incluído a meta fabrilista Alberto, houbo un exercicio de posición, unha tarefa de transicións e fútbol en espazo reducido.
Mfulu fixo boa parte da sesión co grupo e, por conseguinte, unicamente Escudero está con adestramento personalizado.
Mañá martes hai xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos este mércores 12 de febreiro ás 11:00 en Abegondo.