O Dépor volve ao traballo centrado en que "estamos a principios de febreiro. Pensar nunha cousa que poida pasar en maio é absurdo"
Despois da xornada de descanso de onte martes, o Dépor retomou os adestramentos esta mañá no campo 2 da Cidade Deportiva.
Jose Ángel, após recoller o Premio ao Xogador Estrella do pasado mes de xaneiro, insiste, do mesmo xeito que Óscar Gilsanz en cada rolda de prensa, "en pensar no día a día. Pensar no CD Eldense (rival este domingo 16 de marzo ás 16:15 no Estadio Pepico Amat) e cando pase este partido, pensar no seguinte".
Recalca que "estamos a principios de febreiro. Agora mesmo, pensar unha cousa que poida pasar a final de maio sería un pouco absurdo".
O mediocentro andaluz, con ampla experiencia na categoría, advirte que "a salvación adoita estar en 50 puntos", polos 35 que agora mesmo suman Os Nosos.
O corpo técnico dispuxo dunha activación con roda de pases, un exercicio de posición con 3 equipos, e un partido a medio campo para un grupo cunha tarefa de duelos para outro grupo de futbolistas.
Escudero está con adestramento personalizado mentres que Alberto foi o representante de ANOSACANTEIRA.
Mañá xoves, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo a partir das 11:00 horas.