RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Os Nosos fixan o punto de mira no CD Eldense conscientes que "35 puntos non chegan para nada"

Os Nosos, hoxe martes con xornada de descanso, comezan mañá mércores 11 de febreiro a preparar a seguinte cita ligueira, o partido no Estadio Pepico Amat ante o CD Eldense previsto para o domingo 16 de marzo ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion), correspondente á 26ª xornada.

Os resultados da pasada fin de semana, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería, deixou ao Dépor con 35 puntos na 10ª posición da táboa en LaLiga Hypermotion.

"35 puntos non chegan para nada. Hai que pensar no día a día porque creo que é a única maneira de pór o foco no traballo e no seguinte partido", asegurou Óscar Gilsanz na sala de prensa minutos despois de derrotar aos almerienses, un dos grandes candidatos ao ascenso.

O técnico deportivista presumiu ante os medios de comunicación de "unha capacidade ofensiva importante" e, no entanto, ve necesario un equilibrio entre "aproveitarse da capacidade que temos para ataques en espazos curtos e en situacións de velocidade e transición; coa solidez defensiva tan importante no fútbol e nesta categoría en particular".

Están previstas 4 sesións de traballo esta semana, 3 matinais en Abegondo e a do sábado 15 vespertina na Cidade Deportiva do Elche CF.

Cada día que haxa adestramento na Cidade Deportiva branquiazul o cadro almorzará e comerá na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 12 de febreiro
11:00 h., Abegondo

Xoves 13 de febreiro
11:00 h., Abegondo

Venres 14 de febreiro
11:00 h., Abegondo

Sábado 15 de febreiro
18:00 h, Cidade Deportiva do Elche CF

Domingo 16 de febreiro
16:15: CD Eldense - Deportivo, no Estadio Pepico Amat (Elda)