Concluído o encontro ante o CD Lugo en ABANCA-RIAZOR, Os Nosos regresan mañá luns a Abegondo.
Imanol Idiakez citou ao seu cadro a partir das 8:45 na Cidade Deportiva para saltar ao céspede a partir das 11:00 horas, nunha xornada que será de recuperación para os titulares esta tarde.
A próxima cita no grupo 1º de Primera Federación será o vindeiro domingo 10 de febreiro ás 12:00 (FEF TV) no Nou Estadi Costa Daurada ante o Nástic de Tarragona, correspondente á 27ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.