RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "Estamos a traballar para crear algo máis grande que non a estar a mercé dun resultado dun día ou doutro"

Óscar Gilsanz manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "estamos a traballar para crear algo máis grande que non a estar a mercé dun resultado dun día ou doutro porque nesta categoría tan igualada aínda estando ben non es capaz de sumar ou estando menos ben es capaz de sumar".

O técnico deportivista quere "crear unha identidade competitiva neste equipo".

Lembra que o Club "ten unha idea clara que é volver a Primera División pero eu miro unicamente a Anduva, a chegar a Miranda sabendo que podemos gañar a calquera equipo, que somos un equipo novo, que moitos xogadores debutan na categoría pero representamos ao Dépor e queremos ir sempre a máis".

Óscar Gilsanz asegura que "non pomos o foco tanto na clasificación actual como nesta mentalidade forte que está a ter o equipo, ter sempre esa capacidade de adaptarse a calquera circunstancia".

Apunta que o Dépor "leva 7 partidos sen perder. Desde a volta do nadal 2 derrotas nada máis pero nesta categoría tan igualada pomos o foco no rendemento sen pensar tanto na clasificación".

É consciente finalmente de "onde estamos, do club que representamos, a toda esta xente que cada fin de semana que nos toca xogar en ABANCA-RIAZOR independentemente do resultado que tiñamos apóianos sempre. Queremos que iso cre algo que vaia sempre para adiante, que chegue até onde teña que chegar".