Pablo Marí Villar (Almussafes, Valencia, 31 de agosto de 1993) é, após superar o recoñecemento médico e pechar toda a documentación unicamente pendente dos trámites do tránsfer internacional, novo xogador do Real Club Deportivo para a próxima temporada.
Defensa central formado na canteira do RCD Mallorca, debutou en 2011, con só 18 anos, no primeiro equipo 'bermellón', nun partido de Primeira División fronte ao Granada no Nuevo Los Cármenes.
En 2013 fichou polo Nàstic de Tarragona, onde xogou tres temporadas, até ser traspasado ao Manchester City. Desde entón, o club inglés cedeuno ao Girona (2016-2017) e ao NAC Breda holandés (2017-2018), equipo no que luciu o brazalete de capitán.
Pablo Marí chega ao Deportivo cedido por unha temporada con opción de compra.