RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina

Nova fin de semana de competición para ANOSACANTEIRA feminina salvo para o Dépor ABANCA B, sen liga en Tercera Federación.

Hoxe domingo 6 xogáronse 3 partidos, todos lonxe da Coruña. En Carballo xogou o Orzán SD Infantil A ante o Bergantiños CF (0-2), en Tomiño o Orzán SD Sub-21 (1-1) e en Lugo ante o CD Lugo B o Orzán SD Xuvenil (1-3).

Onte sábado 5 o Orzán SD Cadete venceu ao Racing de Ferrol (0-2) e o Orzán SD Infantil B (5-3) no Municipal de Eirís ao Silva SD nun atractivo partido.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Primera Autonómica
26ª xornada: TOMIÑO FC FEMININO 1 - ORZÁN SD SUB-21 1 (Ivana Fernández)

Segunda Autonómica
26ª xornada: CD LUGO B 1 - ORZÁN SD XUVENIL 3 (Marta Moreno -2- e Sofía Rodríguez)

Liga Galega cadete
21ª xornada: RACING DE FERROL 0 - ORZÁN SD CADETE 2 (Marta Moreno e Antía Losada)

Liga Galega infantil, segunda fase
Grupo 1A, 3ª xornada: BERGANTIÑOS CF 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 2 (Telma García e Carolina Lago)

Grupo 2A, 3ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B 5 (Amanda Ocampo, Daniela Loureiro, Nerea Cruz -2- e unha futbolista rival en propia meta) - SILVA SD 3