Resultados hoxe sábado en ANOSACANTEIRA feminina, con triunfo do Dépor ABANCA B en Carballo; e calendario de mañá domingo
Hoxe sábado en #ANOSACANTEIRA feminina o Dépor ABANCA B defendeu con éxito o liderado da Tercera Federación nas Eiroas ante o Bergantiños CF: 1-2.
Decidiron os goles de Paula Monteagudo e Elena Vázquez que permiten ás Nosas seguir á fronte da táboa.
Ademais do filial deportivista, o Orzán SD Cadete, líder do grupo 1º da Liga Galega, goleou por 9-0 ao CD Narón, un equipo da zona alta.
Para mañá domingo queda o partido do Orzán SD Sub-21 en Vilagarcía ante o Atlético Arousana (17:30) e o do Orzán SD Xuvenil na Segunda Autonómica ás 12:00 en Tordoia.
ANOSACANTEIRA está de parabén pola citación de Claudia Sande coa selección española sub-15 para disputar un amigable ante Inglaterra o próximo 26 de marzo.
Finalmente, o Orzán SD Infantil A (na foto da noticia), hoxe con triunfo (0-3) en Pastoriza, e o Orzán SD Infantil B arrincan esta fin de semana a segunda fase da Liga Galega.
O A quedou encadrado no grupo 1A con estes rivais: SCD Pastoriza, Racing de Ferrol, Bergantiños CF, EFF Sonnoia Portus Apostoli e SCD Milagrosa
Pola súa banda, o Santa Cruz CF, Sporting Burgo, UC Cee, UD Cerqueda e Silva SD enfrontaranse ao Orzán SD Infantil B.
O formato de competición é de liga a dobre volta.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Tercera Federación 25ª xornada: BERGANTIÑOS CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Elena Vázquez)
Primera Autonómica 24ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 23 de marzo ás 17:30 no campo Manuel Jiménez Abalo (Vilagarcía de Arousa)
Segunda Autonómica 24ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL, mañá domingo 23 de marzo ás 12:00 no campo da Rega (Pontepedra, Cabaleiros, Tordoia)
Liga Galega cadete 20ª xornada: ORZÁN SD CADETE 9 (Marta Moreno -2-, Carmen Couto -2-, Cloe Allegue, Antía Losada -2-, Lola Freire e unha futbolista rival en propia meta) - CD NARÓN 0
Liga Galega infantil, Segunda Fase Grupo 1A, 1ª xornada: SCD PASTORIZA 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 3 (Lucía Mosquera, Rosalía Valencia e Alba García)
Grupo 2A, 1ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL B - SANTA CRUZ CF, mañá domingo 23 de marzo ás 12:15 no Municipal de Eirís (A Coruña)