Venezuela, con Michi Apóstol (na foto co dorsal 7) no campo todo o partido, empatou (0-0) ante a República de Corea na 2ª xornada do Mundial sub-20 que se disputa en Colombia.
Desta forma, a 'Vinotinto' suma o seu primeiro punto nunha cita mundialista despois de 5 partidos xogados na súa historia.
A canteirá deportivista dispuxo dunha das mellores ocasións do partido, aos 15 minutos, pero o seu disparo marchouse lixeiramente alto.
Ante Alemaña no debut, Michi Apóstol, que tamén xogou os 90 minutos, marcou no desconto pero non puido evitar a derrota (5-2) da súa selección. Estrelou ademais un balón na madeira no minuto 43.
Venezuela conclúe esta primeira fase este sábado 7 de setembro ás 22:00 ante Nixeria no Estadio Olímpico Pascual Guerrero de Cali.
O calendario de partidos de Venezuela e Michi Apóstol no Mundial, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Primeira Fase Domingo 1 de setembro ALEMAÑA 5 - VENEZUELA 2
Xoves 5 de setembro REPÚBLICA DE COREA 0 - VENEZUELA 0
Sábado 7 de setembro 22:00: NIXERIA - VENEZUELA, no Estadio Olímpico Pascual Guerrero (Cali)