Acordo entre o Real Club Deportivo e Natxo González
José Ignacio González Sáenz, Natxo González (Vitoria, Álava, 29 de xullo de 1966) e o Real Club Deportivo chegaron a un acordo para que sexa o adestrador do Dépor a próxima Temporada 2018-2019 con opción a unha segunda. O técnico vitoriano incorporarase ao Real Club Deportivo procedente o Real Zaragoza, equipo ao que dirixiu esta última tamporada en LaLiga 1|2|3 e clasificou para o play-off de ascenso a LaLiga Santander.
Previamente dirixira ao Reus Deportiu en dúas etapas (2004-2007 e 2014-2017), o Deportivo Alavés e a súa filial, o Sant Andreu e o CD Ariznabarra.