RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA cae pola mínima nun partido marcado novamente por unha desafortunada arbitraxe

O Dépor ABANCA cae (2-1) no Centro Deportivo Wanda Alcalá de Henares en un encontro marcado pola arbitraxe.  

O cadro local demostrou o seu poderío aéreo nos primeiros compases de xogo con tres centros rematados, dous desde a esquina e outro mediante unha falta, sen perigo para Inês.

A presión alta das colchoneiras complicou moito a saída de balón do Dépor ABANCA e o quince minutos iniciais foron dominados polas locais. Con todo, precisamente no minuto 15, as de Irene Ferreras apuntáronse a súa primeira ocasión por medio dun croque de Bárbara que complicou o despexe a Gallardo e derivou no primeiro córner visitante.

Un novo saque desde o punto de esquina foi o causante do primeiro gol do partido no 23, ao rexeite dunha boa intervención de Inês, estivo atenta Lauren para enviar o coiro ao fondo da rede.

Co gol, o Atleti feminino meteu unha marcha máis e Inês tivo que volver empregarse a fondo para deter un man a man con Sheila. A contestación deportivista foi un centro envelenado de Hmírová que se perdeu pola liña de fondo.

No que estaba a ser un bo momento das Nosas, tamén nun saque de esquina, Lauren asestou o segundo golpe e o segundo na súa conta particular no minuto 37.

O descanso chegou ao Centro Deportivo Wanda Alcalá de Henares con 2 a 0 no luminoso.

Ferreras axitou a árbore ao comezo da segunda e substituíu a Samara por Cris e a Hmírová por Lucía. As substitucións sentaron ben ao combinado coruñés, que trenzó bos minutos á volta dos vestiarios.

No 56, unha gran parada a man cambiada de Inês xerou un córner que acabou cun remate ao traveseiro. Na xogada posterior, Francisca estivo a piques de conectar con Bárbara nun balón colgado desde a banda esquerda.

Ao transcurso dos seguintes minutos, unha exhibición baixo paus de Inês evitou o terceiro do Atleti e ADT ingresou no terreo por Millene.

No minuto 74, ADT recortou distancias cun remate a pracer ao centro desde o punto de esquina de Francisca Lara. O gol deu ás ao Dépor ABANCA, que se sumou ao ataque co tanto.

Ainhoa protagonizou un slálom por banda esquerda que culminou cun disparo desde a frontal repelido pola zaga e Altuve entrou no verde por Elena para pór toda a carne no asador o último tramo de enfrontamento.

As Nosas pelexaron polo empate até o final, pero a zaga local, sumada a unha arbitraxe cuestionable, impediron empatar o encontro e volver de Madrid con puntos.

Atlético de Madrid Feminino: L. Gallardo, Moraza, Lauren, Boe Risa (Fiamma, min. 66), Gaby, Sheila, Ana, Otermín (Medina, min. 66), Tatiana (Emma, min. 72), Gio (Jensen, min. 66), Barth

Dépor ABANCA: Inês, S. Ortiz (Cris, min. 46), Vera, Paula, Eva, Millene (Ana de Teresa, min. 60), Hmírová (Lucía, min. 46), Raquel, Bárbara (Ainhoa, min. 68), F. Lara, Elena (Altuve, min. 82).

Árbitra: Amy Peñalver, do comité balear, amoestou con cartolina amarela ao local Boe Risa, á visitantes Beira, Samara, Lucía e Ainhoa.

Goles (2-1): 1-0 Lauren, min. 23; 2-0 Lauren, min. 37; 2-1 ADT, min. 74.

Incidencias: partido correspondente á segunda xornada da liga F disputado no Centro Deportivo Wanda Alcalá de Henares ante o Atlético de Madrid Feminino. 

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK