Eric Puerto: O equipo aos poucos vai asimilando os conceptos do míster
Eric Puerto, titular en Barcelos, atendeu aos medios de comunicación sobre o mesmo céspede do Estadio Cidade de Barcelos.
A meta deportivista cre que "o equipo aos poucos vai asimilando os conceptos do míster. Onte sacamos un empate, hoxe outro con boas sensacións e encima portería a cero, que sempre axuda á moral do equipo. A xente está moi contenta".
Alégrase porque o Gil Vicente, no seu último partido de pretemporada antes de arrincar a liga ante o FC Porto, "non chegaron. Estou aquí para facer o meu traballo, facelo o mellor posible e axudar ao equipo".
Cualifica como "normal" que o Dépor haxa ir de menos a máis nos 90 minutos: "É un equipo de Primera, eles a semana que vén teñen liga, van un nivel encima o noso pero soubemos asimilar os conceptos rápido".
Moi seguro no xogo de pés, asegura o futbolista andaluz que "cando a teño non me poño nervioso. Estou moi tranquilo porque o podo facer ben. Sei que me podo equivocar porque ademais a pretemporada está para equivocarse. Tiven o día bo, saíu todo perfecto".
Nesta liña, desvela que Imanol Idiakez "quere que xoguemos. Germán, Alberto e eu somos 3 grandes porteiros cos pés", advirte.