Exercicio táctico e partido para Os Nosos coa filosofía de "traballar duro e día a día"
Un exercicio táctico no campo 3 foi a tarefa principal de Os Nosos esta mañá en Abegondo xa orientado ao partido deste domingo 16 de febreiro ás 16:15 no Estadio Pepico Amat ante o CD Eldense (LaLiga TV Hypermotion).
Óscar Gilsanz dividiu ao seu cadro en dous grupos que completaron esa tarefa cada un nunha metade de campo.
A continuación, un partido en espazos amplos puxo o punto e final á sesión no céspede, que arrincou cunha activación, rondos e roda de pases.
Nemanja Tošić, na súa presentación, cre que hai que "ir día a día, traballando duro e imos ver ao final como acabamos".
O futbolista serbio insiste en que a filosofía debe de ser "traballar duro e día a día".
Estiveron hoxe con adestramento personalizado Escudero; Charlie Patiño, cunha contusión no xeonllo; e Dani Barcia, con molestias nun nocello.
Alberto foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
Mañá venres, o Dépor realizará a última sesión en Abegondo posto que o sábado 15 o adestramento será ás 18:00 na Cidade Deportiva do Elche CF.