RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Iván Barbero considera que "sumamos un punto que nos achega máis ao obxectivo" e Villares mantén que "non se pode reprochar o traballo do equipo"

Iván Barbero e Diego Villares pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o enfrontamento ante o FC Cartagena.

O dianteiro andaluz considera que o partido estivo "condicionado" pola expulsión temperá de Ximo e, por mor diso, "fomos remando como puidemos". "O empate sábenos a pouco, pero sumamos un punto que nos achega ´máis ao obxectivo", engade.

O '9' branquiazul, contento polo gol, achaca o seu tanto á súa frescura após ingresar no campo pouco antes. Ademais, asegura que chegarán mellores resultados en ABANCA-RIAZOR, pero partidos como este demostran a dificultade da categoría: "calquera lle pode gañar a calquera".

Pola súa banda, Diego Villares queda con "unha sensación fría", xa que cre que era unha boa oportunidade para dar unha alegría a #ANOSAFORZA. Con todo, "hai que valorar o traballo do equipo e non se pode reprochar nada", engade.

O capitán e goleador esta tarde sente que "hai que axudar ao equipo en todo o que se poida", no referente ao seu cambio de posición.

Finalmente sobre o seu estado físico o mediocentro lucense desvela que "os Servizos Médicos fixeron esta semana un bo traballo comigo. Agradézolles as horas que pasaron comigo porque foi o que me permitiu chegar ben hoxe e xogar o partido".