RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo: "Agora estamos a ter esa continuidade que pediamos"

Manuel Pablo admitiu esta mañá na sala de prensa que "agora estamos a ter esa continuidade que pediamos; pero vemos a clasificación, vemos o grupo como está de igualado. As xeiras ponche ás veces aí arriba e se tes unha mala serie sácache deses postos".

O técnico fabrilista, iso si, confesa que "estamos contentos por vernos aí. Non é fácil".

Pon como exemplo o partido da pasada fin de semana en Escobedo: "Non foi un partido no que estivésemos ben. Sabiamos das dificultades que tiña. É bo que toque esa cara de se cadra non ser superior ao rival e que poidas tamén conseguir vitorias".

O preparador do filial quere "tentar seguir con esa continuidade contra un rival que vén cunha serie positiva".

Precisamente do Rayo Cantabria, rival este domingo 9 de marzo ás 12:00 (YouTube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR, afirma que "lle gusta ter moito a pelota, moita mobilidade por dentro. O de sempre, o dos equipos filiais, que tentan ser moi semellantes, con falta de regularidade, pero querendo xogar moito a pelota, ser protagonista. Teremos un rival moi parello", conclúe.