RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Mario Soriano vaise de Ourense con sensacións moi boas

Mario Soriano atendeu aos medios de comunicación no propio céspede do Couto concluída a 1ª edición do Trofeo Miguel Ángel.

O atacante deportivista fala de "sensacións moi boas. O equipo estivo moi ben, víronse cousas que traballamos estas dúas semanas. Metemos 4 goles, portería a cero que é o importante e a seguir coa pretemporada, seguir traballando movementos. Agora a preparar o partido contra o Pontevedra CF".

Recoñece que a calor, sobre todo na primeira parte, afectou porque "é moi incómodo, pero estivemos co balón acertados, xogando por dentro, na presión fomos arriba e non estivo mal". Iso si, advirte que "se poden corrixir moitas cousas e para iso está a pretemporada".

Con intercambio de asistencias con Barbero por exemplo, lembra Mario Soriano que "os bos nos entendemos ben. Con Yeremay xa estiven, con Lucas entendíame moi ben. Tanto eles como todo o equipo estivemos moi ben".

Finalmente o atacante branquiazul lembra que LaLiga Hypermotion "é unha categoría moi difícil. O ano pasado estivo súper igualada e este ano vai estar mesmo máis porque os equipos son moi grandes case todos, con moitos xogadores que coñecen a categoría. Vai ser moi ilusionante e creo que imos dar unha alegría a #ANOSAFORZA".