A DéporXira Auga de Parada trasládase a Portugal desde o luns 29 de xullo
A DéporXira Auga de Parada, que fixo escala este sábado 27 de xullo no Estadio de Pasarón ante o Pontevedra CF, segundo do verán para os pupilos de Imanol Idiakez, trasládase a Portugal desde este luns 29 de xullo con outros 3 amigables: o martes 30 de xullo ás 20:30 (hora galega, 19:30 en Portugal) ante o FC Famalicão, o mércores 31 de xullo co Gil Vicente e o sábado 3 de agosto en Chaves.
Esta firma, referente histórico en cidade no equipamento para baños, fai posible a retransmisión de todos os partidos de pretemporada pola canle oficial do Club en YouTube a excepción, polo momento, do encontro ante o FC Famalicão.
Auga de Parada esponsorizó as retransmisións da última DéporXira, a da pretemporada 2023-24, e patrocinou durante as dúas últimas campañas as emisións de partidos desde Abegondo, que comezaron durante o curso 2022-23 con todos os encontros do Dépor ABANCA e algúns de Fabril e Xuvenil A.
O calendario de amigables de pretemporada, cos resultados dos xa xogados, queda así:
Martes 23 de xullo Ourense CF 0 - Deportivo 4 (Yeremay, Mario Soriano, Barbero e Pablo Muñoz)
Sábado 27 de xullo Pontevedra CF 0 - Deportivo 2 (Villares e Hugo Rama)
Martes 30 de xullo 19:30 (hora local, 20:30 hora galega): FC Famalicão - Deportivo, no Estádio Municipal Vila Nova de Famalicão
Mércores 31 de xullo 19:30 (hora local, 20:30 hora galega): Gil Vicente - Deportivo, no Estádio Cidade de Barcelos (📺YouTube RC Deportivo)
Sábado 3 de agosto 18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GD Chaves - Deportivo (IV Troféu Emílio Macedo), no Estadio Municipal de Chaves (📺YouTube RC Deportivo)
Venres 9 de agosto 20:30: Deportivo - Unionistas de Salamanca CF (semifinal do LXXIX Trofeo Teresa Herrera), en ABANCA-RIAZOR (📺YouTube RC Deportivo)
Sábado 10 de agosto Terceiro e cuarto posto (16:00) ou gran final (21:00 horas) do LXXIX Trofeo Teresa Herrera, en ABANCA-RIAZOR (📺YouTube RC Deportivo)