RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Michi Apóstol xa está concentrada coa selección venezolana sub-20 en Austria

Floriángel Mitchell Apóstolo Argüelles, 'Michi' Apóstol', (7 de setembro de 2005, Lara, Venezuela) foi convocada pola selección venezolana sub-20 para unha concentración que ten lugar en Austria desde hoxe luns 8 de xullo ao martes 16 de xullo.

A futbolista branquiazul preparará na cidade de Wiener Neustadt a Copa Mundial Feminina Sub-20 da FIFA Colombia 2024, á que Venezuela se clasificou no pasado Campionato Suramericano do mes de abril e maio en Ecuador.

Durante este período en Austria están previstos dous amigables para a 'Vinotinto', con este calendario:

Venres 12 de xullo
17:00: VENEZUELA - MARROCOS, no estadio Weikersdorf

Luns 15 de xullo
17:00: VENEZUELA - SLOVAN BRATISLAVA, no estadio Wiener Neustadt