RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Novo adestramento este luns de Os Nosos para "seguir insistindo nas cousas que estamos a facer ben"

O Dépor regresou ao traballo este luns 7 de abril ás 11:00 no campo 2 de Abegondo.

Onte na zona mixta de ABANCA-RIAZOR após o encontro ante o Cádiz CF, Mario Soriano marcouse como obxectivo "seguir insistindo nas cousas que estamos a facer ben e reforzar os pequenos detalles".

Asegura o mediapunta deportivista que máis que mirar á clasificación "hai que pensar no CD Mirandés, partido a partido", en referencia ao choque en Anduva deste domingo 6 de abril ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion).

Os titulares onte ante o Cádiz CF realizaron a primeira parte da sesión, cunha activación con rondos, e pasaron logo a tarefas de recuperación física.

Para os demais membros do cadro houbo ademais un exercicio de posición con porterías pequenas, unha tarefa física de velocidade e fútbol reducido.

Tiveron traballo personalizado Gauto e Dani Barcia. Escudero fai boa parte das tarefas co grupo aínda que de maneira condicionada ao seu proceso de recuperación.

Alberto, Samu e Mardones foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Mañá martes haberá xornada de descanso. Os Nosos adestraranse de novo o mércores 9 de abril ás 11:00 na Cidade Deportiva.