RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA cae ante o Valencia CF Femenino nun accidentado Torneo Ciudad de Salamanca

O Dépor ABANCA perdeu (1-2) coa Valencia CF Femenino nunha accidentada terceira edición do Torneo Ciudad de Salamanca.

O encontro íase a disputar no Hélmántico pero as obras no céspede obrigaron a última hora a trasladar o choque ao campo anexo de Las Pistas.

Foron baixa no Dépor ABANCA até 5 futbolistas: por lesión Henar e Lucía Martínez; e polo Mundial sub-20 de Colombia Marina Artero, Olaya e Michi Apóstol.

Ademais, As Nosas levaron a mala noticia da lesión da campioa de Europa sub-17 Lucía Rivas ao minuto 12. Foi relevada por Hmírová.

E aínda por riba de males, o partido sen dúbida estivo condicionado pola expulsión por dobre cartón amarelo da deportivista F. Lara no minuto 44, o que obrigou ao equipo de Irene Ferreras a xogar toda a segunda metade en inferioridade numérica e por detrás no marcador, posto que anotou á media hora de xogo Almeida de penalti por mans na área deportivista. Inês Pereira chegou a tocar a pelota pero non puido deter o disparo.

Aínda así, o Dépor ABANCA tirou de orgullo e Ainhoa Marín logrou empatar no minuto 59.

No entanto, e a pesar dos cambios, o cansazo aos poucos fixo madeixa nas deportivistas, que concederon un segundo tanto valencianista no minuto 72, tamén desde o punto de penalti por man de Samara. A canteirá San Nicolás foi a autora do lanzamento que valeu o trofeo.

Nos minutos que restaron faltaron forzas para tentar outra igualada ante unha Valencia CF Femenino que tamén refrescou ao equipo con multiples cambios.

Dépor ABANCA: Inês Pereira, Cris Martínez (Samara, min. 61), Raquel (Laura Ruiz, min. 77), Vera, F. Lara, Paula Gutiérrez, Eva Dios, Carlota (Elena Vázquez, min. 46), Ainhoa Marín (Carmen Carballada, min. 77), Lucía Rivas (Hmírová, min. 12 e Bárbara, min. 77) e Altuve (ADT, min. 61)

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK