O Dépor afina a puntaría e traballa para pór a punto a un cadro con golpes e problemas "normais a estas alturas da competición"
Unha tarefa de finalizacións no campo 3 foi a tarefa principal do Deportivo a 2 días da próxima cita ligueira en LaLiga Hypermotion.
Mentres tanto, na área Médica de Abegondo, os fisioterapeutas Rubén Barreiro, Daniel Varela e Pablo Carrascosa afanábanse en pór a punto ao cadro de cara a estes últimos 11 partidos.
En rolda de prensa, Óscar Gilsanz asume como "normal que a estas alturas de competición haxa máis golpes ou algunha lesión máis".
O técnico deportivista descartou por exemplo para o partido deste domingo 23 de marzo ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR ante o FC Cartagena a Escudero, Gauto, Obrador e Jaime.
Asegura que "estamos a traballar con Villares e con algún máis que ten algunha molestia. Hai varias dúbidas neste aspecto. Hai xente (caso de Bouldini) cun proceso gripal. Aínda nos quedan 2 sesións de adestramento e esperemos que cheguen", engadiu.
Explica que no caso do centrocampista lucense "está a regular as cargas para ir aumentando cada vez máis a intensidade. Entre hoxe e mañá adestrarase con normalidade e a ver se chega".
Con Obrador, Óscar Gilsanz prefire ser cauto no seu regreso e "ver a evolución que vai tendo".
Adestráronse co primeiro equipo Alberto, Kevin Sánchez, Samu e Álvaro Mardones Esplúguez (Ferrol, 23 de outubro), este por primeira vez, adestráronse co primeiro equipo. O lateral destro fabrilista cumpre a súa oitava temporada en Abegondo despois de chegar a #ANOSACANTEIRA no seu primeiro ano de infantís.
Mañá sábado, Os Nosos adestraranse de novo en Abegondo ás 11:00 na última sesión previa ao partido desta fin de semana.