RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz, novo adestrador do Dépor até final de temporada

Óscar Manuel Gilsanz González (Betanzos, 4 de xaneiro de 1973) será o adestrador do Dépor até final de temporada.

O técnico deportivista, que xa dirixiu ao equipo en Cartagena o pasado sábado, comezou a súa traxectoria nos bancos por clubs como o Betanzos CF ou Racing Villalbés, en Tercera Federación.

Na temporada 2020-21, Óscar Gilsanz incorporouse a #ANOSACANTEIRA, concretamente ao Xuvenil A. Esa temporada proclamouse campión da División de Honra e campión de España, nunha Fase Final en Marbella na que tombou ao Real Madrid CF (1-0) en semifinais e ao FC Barcelona de Gavi na final (3-1).

Na temporada 2021-22, o novo adestrador branquiazul fíxose cargo do Fabril en Tercera Federación. Na campaña 2022-23, levou ao filial deportivista a lograr o título e o ascenso a Segunda Federación. A temporada pasada conseguiu a permanencia na categoría.

Xunto a Óscar Gilsanz, incorpóranse ao primeiro equipo David Lagar, como segundo adestrador, e Antonio Méndez, como un novo asistente.

O acto de presentación terá lugar este mércores 6 de novembro, ás 13:00 horas, na sala de prensa da Cidade Deportiva de Abegondo.