RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz ve ao equipo "nun camiño ascendente"

Óscar Gilsanz apuntou na sala de prensa de Abegondo que o partido deste domingo 16 de febreiro ás 16:15 no Estadio Pepico Amat (LaLiga TV Hypermotion) é "importante porque sempre os partidos que temos diante son os máis importantes".

Cre que "estamos nun camiño ascendente e iso é máis importante que un resultado: ir construíndo algo que nos dea a confianza que vimos nestes últimos partidos".

Do CD Eldense, advirte que "vén facendo as cousas moi ben nestes últimos anos. Desde a pandemia é un equipo en clara liña ascendente que está a pelexar por saír deses postos de descenso. É un equipo que desde que chegou José Luis Oltra ten números defensivos moi bos".

Así pois, o técnico deportivista cualifica o choque como "un reto importante para nós, o ser capaces de competir nun escenario totalmente distinto ao da semana pasada. Temos un reto importante de cara ao partido e de cara a ser un equipo con esas calidades, un equipo que compita en cada escenario independentemente do tipo de partido".

Finalmente, Óscar Gilsanz asegura que as novas incorporacións "aos poucos vanse a ir adaptando. Non hai moito tempo para adaptarse e hai que ir sobre a marcha".