RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Tan só por vós, deportivistas. Campaña de abonos 24/25

Deportivistas:

Esta temporada #OsNosos regresan ao fútbol profesional despois de catro campañas ‘no barro’. O voso apoio e ilusión foron claves para lograr o fito histórico de que os nosos dous primeiros equipos lograsen o ascenso. Este renacemento está a ser posible porque vós achegades forza cando máis falta fai e sodes o noso impulso cara á vitoria. Vivimos unha temporada apaixonante e culminamos con grandes alegrías, e logramos os obxectivos grazas a voso empuxe. Sodes o corazón e un piar fundamental deste Club. Foi unha longa travesía fóra do fútbol profesional, pero xa volvemos e atopámonos no camiño cara ao lugar que merecemos. Para logralo necesitamos seguir contando co poder de #ANosaForza.

A lealdade que mostrastes durante as catro temporadas que #OsNosos estiveron fóra do fútbol profesional, vai ter premio a temporada 2024-25.

O abono dos 15.656 socios que estiveron de maneira consecutiva os catro anos na Primera Federación, ten o mesmo prezo que na temporada 2019-20. Ademais, esta campaña mantense o abono Sub-25, favorecendo a un maior número de deportivistas entre os 15 e os 25 anos, así como o abono ADN Branquiazul, o abono de maiores de 65 anos, e o abono para persoas con diversidade funcional e desempregadas.

#AsNosas lograron o fito histórico de regresar á máxima categoría do fútbol nacional. Esta temporada 2024-25 van necesitar todo o voso apoio para conseguir os obxectivos marcados. O respaldo e a axuda de #ANosaForza será fundamental para que o Dépor ABANCA poida vivir momentos inesquecibles esta campaña.

Avecíñase unha temporada moi ilusionante e repleta de retos apaixonantes. O voso apoio volverá representar un valor extraordinario para seguir alcanzando as metas que temos por diante. Xuntos somos máis fortes.

Tan só por vós, deportivistas.

Preme aquí para ver toda a información sobre a campaña de abonos 2024/25

Preme aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2024/25

Preme aquí para renovar o teu abono