Un Dépor "con bo ritmo, con bo nivel de traballo" centrouse esta mañá nos remates a portería
O Dépor centrouse esta mañá nas finalizacións no campo 3 da Cidade Deportiva despois dunha activación con rondos.
Óscar Gilsanz subliñou en rolda de prensa que o equipo, "un grupo moi comprometido no traballo colectivo", mantén "un bo ritmo, un bo nivel de traballo no día a día".
O técnico deportivista confirma que "no adestramento pido que todo o mundo traballe ben, que tente sumar. Esa é unha fortaleza que estamos a ter, o día a día cun cadro amplo. Iso vai aumentar a competitividade".
Confirmou as baixas de Escudero e Mfulu para o choque ante a UD Almería previsto para este domingo 9 de febreiro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion), ambos con adestramento personalizado ademais hoxe de Germán Parreño.
Explica que o mediocentro "está en proceso de readaptación e esperemos incorporalo para a semana".
Alberto foi o representante de #ANOSACANTEIRA.
Mañá sábado, Os Nosos realizarán a partir das 11:00 a última sesión de adestramento previa ao choque ante os almerienses.