Un Dépor "cun ambiente moi positivo de traballo" prepara cun partido en espazos amplos a visita da UD Almería
Un partido en espazos amplos no campo 3 foi a tarefa principal do Dépor esta mañá de cara á visita da UD Almería prevista para este domingo 9 de marzo ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion).
En rolda de prensa esta mesma mañá Denis Genreau asegura que "nos adestramentos noto sensacións moi positivas. Hai un ambiente moi positivo de traballo".
A mañá arrincou no céspede cunha activación con rondos e un exercicio táctico en dous grupos.
Están con adestramento personalizado Mfulu, Escudero e Germán Parreño.
Así mesmo, Kevin Sánchez, Alberto e Hugo Ríos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Mañá venres, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 horas.