RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Control total do Fabril, que suma 3 puntos con xustiza ante o CD Cayón

O Fabril sumou os 3 puntos en xogo con toda xustiza (2-0) no seu partido ante o CD Cayón correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.

Os pupilos de Óscar Gilsanz adiantáronse pronto no marcador e souberon controlar en todo momento ao seu rival, que só inquietou a meta de Hugo Ríos na recta final e co partido visto para sentenza.

Con este resultado, o Fabril suma 17 puntos, situado na zona media da clasificación.

Respecto ao partido do pasado sábado en Langreo, o filial recuperou a Kevin Sánchez, que logrou en Georgia coa selección española sub-19 o pase á Rolda Elite de clasificación para o Campionato de Europa; ademais de Jairo e Marc, que se adestraron toda a semana co primeiro equipo ás ordes de Imanol Idiakez. O tres foron titulares.

Do internacional español foi o primeiro disparo a porta. Despois de gañarlle a acción ao seu defensor nun balón dividido, plántase na frontal da área e o seu disparo vai ás mans da meta do CD Cayón, Galnares.

Pronto golpeou o Fabril. Aos 7 minutos, Iano Simão cabecea á rede un saque de esquina lanzado ao corazón da área cántabra por Marotías. O internacional africano adiantouse perfectamente ao seu par na frontal da área pequena.

Case á media hora, o filial encarrilou o encontro grazas a Kevin. O canteirán aproveitouse dunha cesión do central do CD Cayón ao seu porteiro que quedou curta, regateou á meta Galnares e após burlar con tranquilidade ao defensa que tentou taponar baixo paus, logrou o segundo.

A primeira parte concluíu cunha cabezada de Somolinos que se marcha lixeiramente desviado ao saque dunha falta lateral e un disparo de Nájera ao lateral da rede aínda que o atacante branquiazul estaba case sen ángulo.

Após o descanso, o partido seguiu co control absoluto do Fabril.

De novo Kevin probou fortuna pero o seu disparo, frouxo, acaba nas mans de Galnares.

Os fabrilistas puideron marcar o terceiro nunha xogada ensaiada após un saque de esquina. Vilán lanzou á frontal da área e Marc, libre de marca, empalma o balón sen deixalo caer, tal e como lle viña, lixeiramente alto.

Pouco despois, Nájera, após recibir de Jairo, regatea ao seu defensor na área pero o seu chute márchase fóra por pouco.

Mati Castillo, que relevou a Kevin, tivo a última despois dun bo pase de Vilán por encima da defensa. Rematou demasiado desviado nunha posición franca.

A única oportunidade clara para o CD Cayón tívoa Salas. Plantouse ante Hugo Ríos moi escorado e o seu disparo raso non colle portería.

Sen máis sobresaltos acabou un partido totalmente dominado polo Fabril, que a próxima semana visita ao CD Guijuelo.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Somolinos, Marotías, Iano  Simão, Brais Val, Barba (Iñaki, min. 86), Nájera (Carreira, min. 75), Jairo (Álvaro Santamaría, min. 75), Vilán (Thymos, min. 75) e Kevin (Mati Castillo, min. 65).

CD Cayón: Galnares, Mier, Hitoshi (Gabi, min. 69), David Sanz, Cagigas, Chili (Salas, min. 56), Cañizo, Marcos (Turrado, min. 69), Jesús Villar, Riki e Montiel (Alvarito, min. 56).

Goles: 1-0 Iano Simão (min. 7); 2-0 Kevin (min. 28)

Árbitro: Álvaro Sahelices Puga, do colexio asturiano. Amoestou a Vilán (min. 10), Óscar Marotías (min. 34), Iano Simão (min. 50) e Turrado (min. 89).

Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación disputado en Abegondo.

GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK