RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo advirte que "temos que saír con enerxía"

Manuel Pablo afirmou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que mañá sábado 5 de abril ás 17:00 en Abegondo (YouTube RC Deportivo) ante o Bergantiños CF "temos que saír con enerxía sabendo da importancia de conseguir unha vitoria, que nos suporía moitas cousas positivas".

O técnico fabrilista cre que de gañar, o Fabril "daría un paso importante pero despois imos a Llanera ante un equipo que se está xogando o play out e o descenso. E sabemos das dificultades do campo. Esa vitoria daríache unha marxe de erro. Non podes fallar moito máis porque quedan poucos partidos pero sería un paso adiante pola diferenza que sacarías. En caso de non gañar, na xeira que veñen eles, sería moi difícil porque non tes marxe".

En canto ao rival, advirte que "nas últimas semanas é o mellor equipo da categoría con moitas vitorias, co empate do outro día. É un equipo con confianza, que ten un ritmo alto, gústalle xogar, moi parecido a nós".

Nesta liña, vaticina Manuel Pablo "un partido moi aberto. Gústanos presionar forte, con bo ritmo. Igual até nos anulamos pero creo que se vai a ver un bo partido en canto a ritmo".