RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Remates a portería e partido en espazos amplos para un Dépor seguro que "co traballo que facemos aquí os puntos chegarán"

O Dépor fixo especial fincapé esta mañá nos remates a portería no campo 2 antes de pasar a un partido en espazos amplos no 3.

En rolda de prensa, Obrador subliñou que en Albacete este venres 27 de setembro ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion e #Vamos) "é importante gañar pero con tranquilidade, que isto é moi longo".

O lateral zurdo mallorquino, que o pasado sábado ante o Burgos CF estreouse como titular en ABANCA-RIAZOR, asegura que "o equipo está confiado porque sabemos que co traballo que facemos aquí os puntos chegarán".

Unha activación con roda de pases ademais de rondos con porterías pequenas abriron a sesión para os branquiazuis.

Bouldini foi o único futbolista con traballo personalizado.

Mañá mércores, Os Nosos adestraranse a partir das 11:00 na Cidade Deportiva, con almorzo previo para o cadro a partir das 8:30.