O RC Deportivo pechou a fichaxe de Mohamed Bouldini (Casablanca, Marrocos, 27 de novembro de 1995) até o 30 de xuño de 2028 a falta de completar os exames médicos.
O dianteiro centro destro formouse no fútbol marroquí, pasando por equipos como o Raja Casablanca e o Ittihad de Tánxer. Na temporada 2018-19, o fútbol portugués chamou á súa porta e forxou a súa formación no UD Oliveirense, o Académica de Coimbra e o CD Santa Clara ao longo de 4 temporadas.
Aos 25 anos deu o salto ao fútbol profesional español co CF Fuenlabrada, onde asinou 7 goles en 17 partidos. Grazas á súa gran campaña en Madrid, o dianteiro fichou polo Levante UD. Na súa etapa granota selou a súa condición de goleador, sumando 16 dianas ao longo de dúas temporadas.