RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

Carreira renova polo Dépor até 2026

David Carreira Martínez (Sada, A Coruña, 7 de marzo de 2005) renovou o seu contrato no Dépor até xuño de 2026.

Este mediocentro xa disputou a pasada temporada (2023-24) no Fabril de Segunda Federación, no seu último ano como xuvenil, un total de 7 partidos.

No Xuvenil A de Manuel Pablo, tamén a campaña recentemente finalizada, participou en 23 partidos de liga, 20 deles como titular, e anotou 2 goles.

David Carreira chegou a Abegondo no seu primeiro ano de infantil.

Desta forma, o Fabril de Óscar Gilsanz vai collendo forma de cara a esta nova campaña en Segunda Federación coa fichaxe xa confirmada de Aarón Sánchez; e as renovacións de futbolistas da canteira como Álvaro Mardones, David Domínguez ou Rubén Vilela.